lunes, 16 de mayo de 2011

RETRANCA Nº 31. ELECCIONS MUNICIPAIS 2011




Retranca chega o seu número 31 cunha auténtica Guía das eleccións municipais. Pero como sabemos que moitos políticos pódense aproveitar vilmente dos nosos trucos infalibles para captar votos e que ademais sabemos que o que sae en Retranca moitos lectores tómano en serio... decidimos que para non influir no resultado electoral, imos chegar aos quioscos despois das eleccións. Iso si, xa podemos adiantarvos o resultado electoral: GAÑARON TODOS OS PARTIDOS (coma sempre, ninguén vai admitir a súa derrota... vamos que as eleccións é o máis parecido aos concursos escolares... o importante é participar!!). Agardamos que vos divirta e sobre todo gardádeo que seguro que vos vai ser moi útil para as vindeiras eleccións.






Ademáis adiantámosnos a WIKILEAKS e publicamos as fotografías de BIN LADEN que o goberno dos EE.UU non nos quixo ensinar!!!







Saúdos Retranqueiros,

A Santa Compaña.

2 comentarios:

comecastañas dijo...

este fanzine é sempre para quitarse o sombreiro! sodes do máis turbante!

todos e cada un eh, non vaides inflarvos!!

seguide así, que moi ó meu pesar, estades superando a eljueves e as súas 40 páxinas de publicidade...

O Imperdibel dijo...

Moi bo número, o teño na casa dende fai pouco¡ Un saudo dende o Imperdibel¡ Chau